Hai aproximadamente 12000 anos o home empezou a domesticar outros seres vivos do seu ámbito comezando
polo can. A partir dese momento iníciase un longo proceso que variou substancialmente a relación
que mantemos cos animais e aumentou progresivamente o número de especies sometidas aos humanos
en función fundamentalmente da súa utilidade.
Nunha primeira fase o número de individuos do rabaño que atendía cada coidador era bastante reducido,
e esta relación baseábase fundamentalmente na proximidade. Este escaso número de efectivos facía que
se buscase a máxima produción de cada individuo de forma particular.